Un ano de espera

Un ano de espera
05 de Febreiro, 2026 - 04:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene incorpora gran parte dos fondos do Plan de Obras e Servizos ao seu presuposto para gasto corrente. Reserva para facer obras fondos propios. Asegura así que non se perde financiamento pola tardanza na obtención de permisos de outras administracións, explicou en Radio Fene o primeiro tenente de alcaldesa e voceiro do BNG, Manuel Polo.

ESCOITA O PODCAST:

O Concello ten previsto incluír unha obra en Magalofes, a segunda parte do camiño que vai do Feal a Magalofes no Plan de Obras e Servizos da Deputación deste ano. Outros fondos irán destinados a gasto corrente. As obras que requiren de permisos doutras administracións serán financiadas directamente polo Concello para evitar o risco de perda de fondos por demora no outorgamento das autorizacións, manifestou o primeiro tenente de alcaldesa e voceiro do BNG, Manuel Polo. Os permisos que máis tardan son os de Adif. Un ano agardou o Concello de Fene para unha das súas autorizacións.

Asuntos do Pleno

A solicitude dos fondos do POS+ da Deputación é un dos asuntos que trata a Corporación municipal deste mes de febreiro. Tamén debaterá dúas mocións do BNG, unha reclamando á Xunta que financie a totalidade do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e outra para que se implique na solución á folga de autobuses.

Institucional

Publica o teu comentario agora