ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Balance moi positivo da alcaldesa de Fene, Sandra Permui, ao cumprirse o seu primeiro ano no cargo, que agradece a boa acollida da veciñanza, pasa revista a un ano de xestión e marca obxectivos para os próximos meses nunha entrevista en Radio Fene.

“Cumprindo obxectivos, todos os proxectos van saíndo adiante”, destaca Sandra Permui, que sinala a adquisición de solo para vivenda como unha das prioridades. Destaca a importancia da aprobación dos Presupostos e a primeira pedra para a renovación do PXOM como algúns dos fitos deste ano de mandato.
“Novos proxectos industriais para Fene que irán anunciándose, unha carteira de obras importantísima e a organización das Festas de Fene o 6 de agosto” son algunhas das iniciativas para os próximos meses nas que traballa o equipo de Sandra Permui.
Sobre o ano que resta de mandato, a primeira alcaldesa de Fene pensa que “vai ser intenso, como están sendo os demais anos, queremos atender a veciñanza, no BNG tiñamos claro como tiña que ser o relevo de Tino, ao que estamos moi agradecidos pola súa xenerosidade”, destacou Sandra Permui.
Publica o teu comentario agora