Un arboricidio na carballeira de Santa Susana

Un arboricidio na carballeira de Santa Susana

17 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Os homes que non amaban ... ás árbores. Baixo este epígrafe, a SGHN denuncia un novo atentado na carballeira compostelá. No parque máis senlleiro da cidade de Santiago, a Carballeira de Santa Susana, e a plena luz do día estase a perpetrar un "arboricidio en diferido". As víctimas son un puñado de carballos centenarios. Por se non tiveran poucos problemas de conservación as árbores desta emblemática Carballeira, a

A tres dos carballos (un fóra e dous dentro da estrutura metálica) mutiláronlle brutalmente a metade da raigame case a rentes do tronco para facer unha dependencia soterrada e as súas escaleiras de acceso. Dos tres carballos "integrados" no quiosco, as gaias principais de dous quedan espetadas a traverso da cuberta e a do terceiro queda a rentes da estrutura metálica, coa que rozará ao medrar e nos temporais de vento. E falando de vento, xa que estamos en tempada de "cicloxéneses explosivas", canto tempo aguantarán en pé os carballos coa raigame mutilada e desequilibrados? Cando caigan, botaranlle a culpa ao vento?

Sociedade