Un artista multidisciplinar

Un artista multidisciplinar

14 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un loureiro co mosteiro de Caaveiro ao fondo. A praia de Campelo en Valdoviño. Unha flor e un regato afluente do Eume. Son algunhas das imaxes plasmadas en fotografia por Xan Xe Corral. Inaugura unha mostra o vindeiro luns ás sete da tarde na Unidade Veciñal Olmo de Pontedeume (A Coruña).

O veciño do Penedo (Barallobre Fene A Coruña) realiza unha exposición multidisciplinar, na que recolle tamén pintura, escultura e incluso poemas realizados nalgún caso hai máis de dez anos. As esculturas reflexan tallas en madeira de parellas e outros modelos humanos. O mesmo luns, tamén en Olmo, cantará a partir das oito da tarde a Coral polifónica O Pote de Maniños.

Cultura