Un ata logo

Un ata logo
04 de Xullo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Cultural Maniños e o Racing Club Ferrol chegaron a un acordo para que o equipo sénior feminino do Maniños, que milita na Segunda División Galega, se integre na estrutura deportiva racinguista. Ampliamos información co secretario do Cultural Maniños, Alfredo Fernández

ESCOITA O PODCAST:

“Despois de quince tempadas, de 2011 a 2026, que deron tantas alegrías dá pena, pero pensando coa cabeza e non co corazón é a mellor opción, garantimos que ninguén sae prexudicado”, explicou Alfredo Fernández. O Maniños tiña moita dificultade para manter o equipo pola escaseza de efectivos e o Racing quería saír con equipo sénior. “Buscamos a maneira de garantir o futuro ás nosas xogadoras, todas as que quixeron son acollidas polo Racing, que quería saír con equipo sénior e herda a nosa categoría”, explica Alfredo Fernández. “Cremos que é a opción máis viable”, sinala e deixa aberta a porta ao futuro “non ten que ser un adeus definitivo”.

Deportes

Publica o teu comentario agora