Un auténtico paraíso

Un auténtico paraíso
03 de Maio, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“O humor non pode por si só cambiar o mundo pero si pode axudar a imaxinar que cambia”. Son palabras que Alexandre Marín recolle na biografía do seu pai. Xaquín Marín reside actualmente en Extremadura pero estes días está en Fene, un lugar ao que define nestas liñas como “un auténtico paraíso”.

ESCOITA O PODCAST:

“Fene era un auténtico paraíso nos meus tempos. Non había estas aglomeracións de coches nin de edificios. Xogabamos ao fútbol na carreteira e tiñamos corredoiras para xogar a pedradas que era un xogo moi divertido e natural. O tiña todo para os nenos”, afirma Xaquín Marín. Este mércores, no clube de lectura de Radio Fene-Radiofusión poderemos escoitalo xunto co seu fillo e autor do libro 'Xaquín Marín' nunha conversa na que tamén participan Henrique Sanfiz, Elvira Álvarez e Susana Falcón.

Fotografía: Xan Xe.

Na imaxe, Xaquín Marín e o seu fillo Alexandre.

Cultura

Publica o teu comentario agora