ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Centro Comercial Aberto Centro Príncipe puxo en marcha o concurso de fotografía 'Bicos de película', no que até o próximo 28 de febreiro os interesados-as poderán enviar unha foto recollendo un bico famoso da historia do cinema. Só se admitirá unha foto por participante e haberá dous premios: o primeiro, unha noite de hotel para dúas persoas no Talaso Atlántico de Oia; o segundo, unha cea para dúas no restaura
Os participantes no concurso terán que ser maiores de idade e deberán presentar imaxes orixinais e inéditas que non fosen presentadas a outro certame nin exhibidas publicamente. Ademais de ser o único titular dos dereitos de autor e aceptar que a foto se publique nas canles sociais de Centro Príncipe, a imaxe debe presentarse en JPG e un tamaño mínimo de 2 megapíxeles. Aquelas imaxes que non teñan o mínimo de calidade, que poidan ferir a sensibilidade do público ou que non cumpra algún dos requisitos será descualificada automaticamente.
Fallo do concurso
Centro Príncipe fará unha preselección das fotografías presentadas para que posteriormente un xurado composto por comerciantes e profesionais escollan os traballos gañadores. En caso de considerar que ningunha das imaxes se adecúa ao esixido nas bases, poderase declarar o concurso deserto. A decisión do xurado será inapelable. Os interesados poderán consultar as bases do concurso na web de Centro Príncipe (centroprincipe.com).