ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Balance positivo do ano que termina no Concello de Fene a xuízo da voceira de Esquerda Unida e concelleira de Obras, Mari Carmen Martínez. Falou da actualidade política en Radio Fene, onde se mostrou partidaria de apartar dos partidos a calquera persoa denunciada por machismo.

“Creo que foi un bo ano, fixéronse moitas cousas”, asegura Mari Carmen Martínez que foi responsable de Medio Ambiente na primeira parte do ano, ata o nomeamento de Sandra Permui como alcaldesa en substitución de Juventino Trigo. Na Concellería de Obras, Mari Carmen Martínez lamenta que o procedemento administrativo e a necesidade de contar con informes favorables de distintas administracións ralenticen a xestión. “Faise difícil explicarlle a xente a dificultade cando levan tempo esperando”, sinala. Entre as prioridades do Concello mencionou as actuacións do camiño da Lagarteira, a reposición dun muro en Perlío, o camiño do Piñal, o saneamento en Sillobre e o aparcamento no cemiterio tamén en Sillobre.
Publica o teu comentario agora