Un bo bloque

Un bo bloque
16 de Maio, 2023 - 01:22 h. | Publicada por Radio Fene

“Cumpríronse os obxectivos principais, facer un bo bloque e meterse nesta fase de ascenso”, valoración da temporada que termina que fai o adestrador do Perlío, Carlos Carballo, Vinky. Na última xornada, o Perlío non puido gañarlle ao campión da Segunda Galicia de fútbol feminino. Perlío 1-3 Atlético San Pedro. 

ESCOITA O PODCAST:

“Sabíamos que era un partido complicado. Elas necesitaban a vitoria para ser campioas.e saíron moi enchufadas, presionando desde o inicio. Ao final é unha vitoria xusta, é un bo equipo, hai que felicitalo polo título e satisfeito co traballo das rapazas”, así resume o último partido o técnico. Remata unha temporada na que o Perlío pasou momentos difíciles debido á falta de efectivos. Aínda así foi quen de sumar 23 puntos. Quedou undécimo con gran vantaxe sobre as seguidoras. “Foi unha temporada complicada, comezamos con cambio de ciclo, antes dun mes de competición empezaron as baixas de veteranas e quedamos cunha plantilla moi curta, pero penso que os obxectivos principais cumpríronse. O máis importante é que fixemos un bo bloque”. O Perlío enfrontarase ao Orillamar da Coruña a fin de semana que vén na fase do ascenso.

Deportes

Publica o teu comentario agora