Un bo traballo

Un bo traballo
20 de Xaneiro, 2025 - 02:17 h. | Publicada por Radio Fene

Sumou tres puntos para acabar a primeira volta o Perlío B. 1-0  marcador nos Pinares fronte ao Libunca. Un partido da Terceira Futgal con valoración positiva para o adestrador Gonzalo Beceiro. 

ESCOITA O PODCAST:

“Foi un dos partidos máis tranquilos, os rapaces fixeron un bo traballo”, felicítase o míster. Debutou, ademais, un novo porteiro, Adrián. Un reforzo necesario porque o Perlío B levaba toda a Liga xogando cun único porteiro.

O Perlío B comezará a segunda volta xogando contra o Miño B. “Aquí fomos quen de gañarlles, debería ser un partido igualado”, prognostica o adestrador.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora