ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Contentas e a seguir”. Está satisfeita co traballo do equipo a adestradora do Perlío feminino, Conchi López. Perderon 4-1 contra o Racing de Ferrol. Estaba difícil, pero as fenesas venderon cara a vitoria. Un penalti resultou decisivo.

“O resultado é un pouco enganoso, estaba difícil, pero aguantamos ben ao equipo, cortamos as súas posibilidades de ataque, marcan un gol moi cedo nunha boa xogada que fan elas, pero non perdemos a cara”, relata Conchi. Despois do descanso, un gol de Noa Castrillón deulle o empate ao Perlío. As esperanzas frustráronse por un penalti. “Unha escapa cometemos penalti, e aí acaba a historia do partido”, narra a adestradora.
Publica o teu comentario agora