Un busto inmortalizará a figura de Ramón Sampedro na praia das Furnas

Un busto inmortalizará a figura de Ramón Sampedro na praia das Furnas

12 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Trece anos cúmprense hoxe do pasamento de Ramón Sampedro, pero a memoria do que foi o primeiro español en pedir a eutanasia activa segue viva. Demóstrano así o Concello de Porto do Son e a Asociación Dereito a Morrer Dignamente que organizan unha serie de actos de tributo á súa figura. Entre eles, destaca a inauguración este domingo dun busto na Praia das Furnas, lugar onde Sampedro

O programa de actos arrinca o venres coa celebración dunha mesa redonda en Santiago baixo o título Morte digna e dispoñibilidade da propia vida. Participarán no encontro o presidente da Asociación Federal Derecho a Morir Dignamente, o médico Luís Montes; a profesora de Dereito Procesal na Universidade Carlos III, María Jesús Díaz Veiga; e o coordinador en Galicia de Xuíces para a Democracia, Luís Villares Naveira. Ao día seguinte, o sábado, a partir das catro, porase en marcha a Ruta da memoria, na que se realizará un percorrido en microbús polo lugares vencellas á vida e escritos de Ramón Sampedro. As propostas de lembranza rematan o domingo cunha ofrenda floral na Praia das Furnas e a inauguración do novo busto.

Co estas actividades preténdese, ademais de homenaxear ao tetrapléxico galego, xerar debate arredor das súas ideas. Trece anos despois a súa morte, as reivindicacións de Ramón Sampedro están moi lonxe de ser atendidas, segundo denuncian desde a Asociación Dereito a Morrer Dignamente Galicia. Porén, recoñeceu en Radiofusiòn o presidente do colectivo, Elías Pérez Sánchez, si se producen avances na liña das súas reclamacións. O Goberno central anunciou que pensa aprobar unha lei sobre coidados paliativos, aínda que matizaron que non se trata de regular a eutanasia, senón a morte digna. Malia que asegura que “calquera movemento a prol dos dereitos dos enfermos ao final da vida é positivo”, Pérez Sánchez asegura agardar o novo texto con “escepticismo”. Sospeita que van quedar sen regular aspectos que considera fundamentais: “o problema non e só dos doentes terminais, senón daqueles en estado agónico ou preagónico que reciben, ou non, a sedación precisa en función da arbitrariedade do seu médico”.

Sociedade