Un can feliz

Un can feliz
19 de Xullo, 2021 - 11:15 h. | Publicada por Radio Fene

"Decidinme a adoptar e foi do mellor que me puido pasar. Cun ano foi abandonado e ingresou nunha canceira de Carballo. Agora está connosco e moi feliz" afirma Cris Montaña, a moza adoptante do pitbull "Socio". "Era un saquiño de inseguridades e de medos, pero cambiou moito, custáballe saír á rúa, todo se lle facía grande e con 5 anos tivo que aprender a andar con bozo. Agora é un can feliz, hipersociable, todo o medo deu paso a unha curiosidade que emociona". 

ESCOITA O PODCAST:

María López, da protectora Cometa (Narón)
http://173.255.131.18/audio/190721MARIA.mp3
Cristóbal López, da Plataforma Profesionales vs Ley PPP
http://173.255.131.18/audio/190721CRISTOBAL.mp3
Maria Díaz, da protectora Apadán (Culleredo)
http://173.255.131.18/audio/190721DIAZ.mp3
Cris Montaña, adoptante do pitbull Socio
http://173.255.131.18/audio/190721MONTANA.mp3
Beatriz Martín, da protectora Gatocán (Coirós)
http://173.255.131.18/audio/190721MARTIN.mp3
Loreto Corral, da asociación 3PA e directora da residencia Cangal
http://173.255.131.18/audio/190721CORRAL.mp3

A campaña  de Indican e do Concello de Fene

"Vivir sen etiquetas" é unha campaña do Concello de Fene a prol da empatía cos cans denominados "potencialmente perigosos".Conta coa colaboración de Indican, Adocan e 3PA.  A iniciativa desenvolvese de xeito paralelo ao debate no Congreso dunha nova Lei Marco de Benestar Animal, que pretende protexer aos animais e ás persoas de xente irresponsable e maltratadora. Segundo o borrador inicial, todos os cans, independentemente da súa raza ou tamaño, terán que pasar un test de valoración, co obxectivo de promover unha tenza responsable e unha seguridade cidadá eficaz. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora