Un Cariño moi irregular

Un Cariño moi irregular

26 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

Eliminou ao Monfero e visitará ao Cariño. O Perlio continua de momento fidel á súa tradición copeira. Mentras, o adestrador Juan Fernández continúa cos contactos para incorporar xogadores, pero ata que finalice a Copa non quere fechar definitivamente o plantel que a vindeira temporada xogará na Segunda Autonómica de fútbol.

O Perlío tamén pasa a cuartos de final da Copa da ría de fútbol despois de alzarse coa victoria nos Pinares fronte ao Monfero, cun resultado de 4-0. Juan Fernández salienta que foron xustos vencedores. Os catro goles do Perlío marcáronos Maroño, Marcos, Durán e Roberto. Na vindeira eliminatoria o Perlío visita ao Cariño, un conxunto que foi moi irregular na Liga da Segunda Autonómica, segundo o adestrador do Perlío.

Deportes