Un caso singular de escola indiana

Un caso singular de escola indiana
03 de Outubro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por

Desde mediados do século XIX o exodo migratorio de Galicia foi espectacular. Entre 1860 e 1970 emigran a América case un millón douscentos mil galegos e galegas. As causas desta masiva emigración hai que buscalas na falta de traballo e oportunidades. Os emigrantes queren mellorar a educación en Galicia, para axudar á xente que deixaron na súa terra de orixe. Intentan procurarllelos medios para que poidan ter as oportunidades que eles non tiveron. Os indianos construen arredor de 400 escolas en toda Galicia. 

Fotografia Xan Xe

A maioria son obra de sociedades creadas ao efecto. Pero tamén hai casos singulares. O veciño de Franza en Mugardos Francisco Vizoso Cancela emigrou a Cuba. A súa volta, dono dunha fortuna considerable, doou os terreos para  a construción dunha escola que levará o seu nome. Era o ano 1929. Vizoso Cancela tamén era socio da Institución Escolar Franza Seixo e ten un papel importante na fundación do Casino Progreso de Franza.

1929 é un ano de efervescencia cultural en Galicia e en Mugardos. Pero o mundo e Cuba viven a crise do 29, segundo apunta o historiador Miguel Rodriguez, quen  fala sobre “O grupo escolar Francisco Vizoso Cancela” este venres no Casino Progreso de Franza. No acto presentarse o número sete da revista Albela, editada pola Asociación Cultural Apelón. Nese número incluyese tamén un artigo de Xosé Antón Bouza Rei sobre o “Historial da Rondalla Mugardesa”. O número sete de Albela loce na portada unha ilustración de Rebeca Varela que representa o proceso de creación dunha publicación local no pasado e no presente. 

 

Na imaxe Miguel Rodriguez e Jorge Gómez en Radio Fene

Cultura

Publica o teu comentario agora