Un casting elixirá aos alaricanos que conformarán o Centro da Moda

Un casting elixirá aos alaricanos que conformarán o Centro da Moda

24 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O Concello de Allariz organiza un casting de fotos entre os alaricanos e alaricanas para formar parte do futuro Centro da Moda. A casa-torre dos Catro Oxea, un edificio nobre situado fronte ao Centro Social O Portelo, na actualidade patrimonio do Concello de Allariz, dedicará as dúas plantas superiores ao futuro Centro da Moda, un escaparate da moda galega e do traballo relacionado co sector téxtil

O Concello de Allariz, a través do departamento de Promoción Económica, que nestes momentos está a traballar nos últimos detalles do Centro da Moda, quere facer partícipes a todos os alaricanos e alaricanas para que formen parte deste museo. Con este obxectivo, o vindeiro 27 de marzo celebrarase o primeiro casting para a recollida de fotos antigas nas que se aprecie como nos vestíamos antigamente.

A partir das catro da tarde o equipo de Promoción Económica estará no Fogar dos Maiores para recoller as fotos de todas aquelas persoas que desexen participar. Ademais, o equipo municipal sacará unha foto actual para poder comparar as distintas maneiras de vestir segundo a época. Todas as fotos escollidas, antigas e actuais, serán expostas no Centro da Moda.

Sociedade