Un centenar de establecementos comezan a vender os seus produtos a través da plataforma de comercio electrónico mercadogalego.eu

Un centenar de establecementos comezan a vender os seus produtos a través da plataforma de comercio electrónico mercadogalego.eu

05 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Consellería de Innovación Industria pon en marcha a plataforma de comercio electrónico mercadogalego.eu, unha iniciativa que permitirá ao sector retallista galego dispoñer dunha marca común a través da que vender os seus produtos e complementar así a venda directa nos seus propios establecemen

 A través de mercadogalego.eu preténdese adecuar ao comercio galego ás novas tendencias sociais e económicas. Nese senso, Ana Rúa salientou o incremento imparable do uso de Internet como nova canle de ventas e citou as previsión da Unión Europea de que o volume de negocio aumentará nun 230% nos vindeiros cinco anos. A directora xeral de comercio explicou que o sector retallista galego debe estar preparado para ese futuro escenario.

Un centenar de establecementos de toda a comunidade forman xa parte do proxecto e agárdanse novas incorporación. A Dirección Xeral de Comercio porá en marcha nos vindeiros meses unha campaña para dar a coñecer esta ferramenta.

Sociedade