Un cento de participantes no Día da Bicicleta

Un cento de participantes no Día da Bicicleta

21 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Máis dun centenar de ordenses non se quixeron perder a convocatoria feita polo Concello para celebrar unha nova edición do Día da Bici. Así esta mañá nenos e maiores se reuniron na Alameda para participar nas dúas rutas preparadas pola organización, e que dividiron aos participantes por idades, unha para menores de 10 anos e outra para maiores de 11 anos e adultos.

Tralas etapas, nunha carpa instalada na Alameda realizouse o sorteo de tres bicicletas cos seus cascos entre os participantes. Un acto de entrega dos premios no que estiveron presentes o Alcalde de Ordes, Manuel Regos, o Concelleiro de Cultura e Deportes, José Ramón Vázquez Raña, a Concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín e o Concelleiro de Obras e Urbanismo Roberto González, ademais de representantes dalgunhas das empresas colaboradoras na organización do evento.

A xornada contou ademais con outro tipo de actividades como foron os obradoiros sobre Medio Ambiente que levaron por título "Mobilidade S.O.STIBLE. A ver si me movo - cultura de sustentabilidade, cambio climático e mobilidade sostible”, subvencionados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e  a través dos que se intentou concienciar aos pequenos sobre a maneira de contaminar menos á hora de movernos, así como explicaron algunhas cuestións sobre os medios de transporte que menos contaminan. O concelleiro de Cultura e Deportes, José Ramón Vázquez Raña, calificou a iniciativa de gran éxito, a pesar do temporal de frio que vive a comunidade.

Sociedade