Un coche remata no río Magdalena por un despiste do seu propietario

Un coche remata no río Magdalena por un despiste do seu propietario

08 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O vehículo, un Citroen C3 de color blanco, estaba estacionado preto do río Magdalena e acabou trasladándose ó río xa que o seu propietario o deixara sen o freno de man activado.

Onte pola tarde produciuse un suceso preto do río Magdalena. Un despiste rematou cun coche no río. Un rapaz esqueceuse de deixarlle posto o freo de man ó seu vehículo, que tiña aparcado a carón da praia fluvial. Ata alí se trasladaron membros de Protección Civil e do corpo de Bombeiros que conseguiron solucionar o problema.

Sociedade