ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Colexio Jorge Juan de Perlío está en pé de guerra. Solicitan a Xunta de Galicia unha segunda liña ou a ampliación da ratio de 20 a 24 nenos e nenas. O venres presentaron 905 firmas de apoio a esta iniciativa. Agora queren unha entrevista con algún responsable en Santiago de Compostela.

A Jorge Juan é o único colexio de Fene que ofrece servizo de madrugadores as sete e media da mañá. Tamén a recollida tardía, segundo indica a representante da ANPA Maria Torrente.
Xa sairon as listas provisionais nas que non se admitiron a catro familias no colexio Jorge Juan. A inspección de Ferrol indica que irán ao centro marcado como segunda opción ou a outro colexio a criterio da administración.
Catro alumnos estaban na escola infantil da Jorge. Non poderán continuar en cuarto de infantil para o próximo curso. Eran 20 prazas para 24 solicitudes. Agora demandan a revisión da ratio e a ampliación do número de prazas ofertadas para cuarto de infantil. É un colexio concertado no que se imparte Educación Infantil de 0 a 3 anos, Primaria e Secundaria Obrigatoria.
Publica o teu comentario agora