ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Arredor de tres quilómetros separan o Colexio O Ramo de Barallobre do centro ocupacional de Aspaneps en Perlío. Esa distancia a percorreron esta mañá alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria. Hoxe 5 de xuño é o Dia Mundial do Medio Ambiente.

A rapazada coñeceu o laboratorio eco-social de Aspaneps e as actividades que a entidade realiza para mitigar e adaptarse á crise climática. Dende a experiencia da hora e compostaxe comunitaria practican técnicas que reducen a pegada ecolóxica do centro e da veciñanza. Promoven habitos sostibles entre as persoas usuarias e visitantes. Un dos proxectos para disminuir o uso de plásticos chámase Precious Plastic, segundo explicou o educador Xabier Picos. Aspaneps é a Asociación de Pais e Nais de Nenos con problemas psicosociais e leva anos traballando no seu centro ocupacional nas vivendas do Castro en Perlío.
Publica o teu comentario agora