ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O comercio de Fene abre as súas portas nunha nova edición do outlet. Segundo os dados do Imposto de Actividades Económicas, en Fene hai nestes momentos 56 establecementos de hostalería e 124 comercios. O conxunto dos establecementos abertos ao público alcanza polo tanto os 180 no seu conxunto. En citas como o Outlet responde a xente do Concello e da comarca. O comercio de Fene ofrece bo produto e a bo prezo, segundo a concelleira de Esta fin de semana regresa unha das citas máis agardadas do comercio local: o Outlet Fene, que se celebrará ata o domingo, organizado polo Concello de Fene en colaboración coa Asociación “O Cruceiro” e coa colaboración da Deputación.

O evento desenvolverase en horario de venres e sábado de 10:00 a 13:30 h e de 17:00 a 20:00 h, e o domingo só pola mañá. Será unha excelente oportunidade para atopar produtos de calidade a prezos moi rebaixados, ademais de desfrutar dun ambiente festivo, con animación e decoración especial nos comercios.
Na imaxe Berline boutique. Outlet 2022
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora