ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene reforza a información sobre o Punto Limpo de Vilar do Colo nunha nova campaña para promover unha xestión responsábel dos residuos. A concelleira de Medio Ambiente, Cristina García Moroño, apela á responsabilidade cidadá e chama á colaboración para manter o concello limpo.

As instalacións permiten depositar de xeito gratuíto residuos voluminosos e perigosos que non deben ir aos colectores da rúa. A campaña inclúe o envío de 6.000 panfletos informativos aos domicilios do municipio para lembrar á veciñanza a importancia de facer un uso correcto desta instalación municipal.
O Punto Limpo, situado no Polígono de Vilar do Colo, na rúa Leme s/n, dispón de diferentes colectores e zonas específicas para a separación de residuos, permitindo unha correcta clasificación e tratamento posterior. O horario de apertura é de luns a venres, de 16:00 a 20:00 horas, e os sábados de 9:00 a 14:00 horas.
Entre os residuos admisibles atópanse, entre outros, aceite vexetal de cociña, aceites minerais, aerosois, baterías, disolventes e pinturas, electrodomésticos (frigoríficos, conxeladores, televisores, ordenadores…), entullos de obra doméstica, ferralla, fluorescentes e lámpadas, madeira, mobles, pneumáticos, pilas, PVC e plásticos, plásticos agrícolas, radiografías, téxtil, tóner, voluminosos como colchóns ou sofás, así como restos de xardinaría. As cantidades están reguladas por persoa usuaria e ano, garantindo un uso equilibrado do servizo.
Publica o teu comentario agora