ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O vindeiro fin de semana o Auditorio Carmen Estévez de Vilalba combinará a música de cámara e coral co humor mais irreverente e surrealista. O sábado 10 de abril o departamento de cultura do Concello programou un Concerto Homenaxe a Xoán Montes a cargo da Orquestra Clásica de Xove e Coral do Hospital Xeral- Calde, a partir das 20:00 horas. Ao día seguinte, contra as 20.30 será o humorista, mago e director de cine coruñés Luis
O primeiro dos eventos é unha homenaxe a Xoán Montes, un ilustre lucense afincado en Santo Domingo e que fundou a Eschola Cantorum e a Orquestra do Seminario conciliar. Montes tamén foi director durante 20 anos da Banda Municipal de Lugo e Mestre de Capela da Igrexa da Catedral. No concerto, que correrá a cargo da Orquestra Clásica de Xove e da Coral do Hospital Xeral- Calde, tocaranse 5 pezas divididas en dúas partes. Na primeira interpretaranse unha Rapsodia e unha Alborada Galega, mentres que na segunda, “Negra Sombra”, “Te Deum” e “Taedet anima mea vitae meae”. A entrada será de balde.
Xa para o domingo queda o monólogo a cargo de Luis Piedrahita “¿Por qué los mayores construyen columpios siempre encima de un charco”. Neste espectáculo, o cómico, mago e director de cine coruñés conta, baixo a súa óptica surrealista, a historia dunha viaxe, a vida, fixándose neses pequenos detalles aos que ninguén lle presta atención. Desde as rodas das maletas ata as pegatinas das mandarinas, as cousas mais pequenas se transforman nas protagonistas dos monólogos mais grandes. A entrada pode conseguirse mediante venta anticipada a 7€ na Oficina de Cultura en horario de 10.00h a 15.00h, de luns a venres e polas tardes no Auditorio de 17.00h a 21.00h; ou o propio día da actuación en taquilla a 9€.