Un concurso e un obradoiro de repostería súmanse á Feira do Doce, Amendoado e Melindre de Allariz

Un concurso e un obradoiro de repostería súmanse á Feira do Doce, Amendoado e Melindre de Allariz

02 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Allariz celebra esta fin de semana, 3 e 4 de setembro, a décimo sexta edición da Feira do Doce, Amendoado e Melindre, que este ano inclúe dúas novidades importantes na súa programación: o Concurso de respostería destinado a pasteleiros non profesionais que terá como ingrediente principal a mazá; e un obradoiro de repostería dirixido a nenos e nenas con ida

A promoción dos produtos con denominación de orixe de Allariz, amendoados, améndoas de pico, melindres, torta real e licor; así como doutros produtos reposteiros típicos doutras localidades galegas e estatais, é o obxectivo principal desta feira que cumpre dezaseis anos.

O sábado comeza a feira ás 10:30 no Paseo da Alameda, na que haberá degustación de doces e licores nos postos de venda. Ás 20:00h celebrarase o pregón, este ano de xeito especial, a cargo dun grupo de maiores xunto con contacontos profesionais.

O domingo a apertura da feira terá lugar ás 10:00. Celebraranse, ao longo deste día, as dúas novidades desta edición, o Concurso de respostería destinado a pasteleiros non profesionais que terá como ingrediente principal a mazá. A inscrición pódese realizar ata o día 3 ás 20:00h na propia feira e os postres presentaranse ás 12:00h do domingo. O xurado repartirá tres premios de 200, 100 e 50 euros respectivamente que deberán ser investidos no comercio local.

Pola tarde, a partir das 18:00, celebrarase un obradoiro de repostería dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos, no propio recinto da feira.

Sociedade