ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Asociación de Amas de Casa de Fene celebrará o vindeiro martes o seu concurso de pratos de Entroido, unha cita xa tradicional nestas datas.
Os mellores sabores do Carnaval daranse cita a vindeira semana no local das Amas de Casa, no tradicional concurso de pratos de Carnaval que organiza a entidade fenesa dende hai máis de dez anos. Un certame no que non faltan en cada edición os gorentosos freixós, as torradas, as orellas e mesmo pratos salgados, con cachola, chourizos e grelos incluídos. A cita será o vindeiro martes, a partir das cinco do serán. A esa hora comezará a recepción dos pratos que se presenten a concurso, que logo serán avaliados por un xurado e, finalmente, degustados por tódalas presentes.
Segundo confirmaron esta mañá a Radio Fusión, as Amas de Casa de Fene participarán de novo este ano nas festas do Carnaval que se organicen nos distintos Concellos da bisbarra. Iso sí, pouco desvelaron do disfraz que desta vez escolleron para a súa comparsa, “As vellas da troula”.
A pesares do traballo que implica a confección dos disfraces e do cansanzo que sinten logo de tantos anos participando nas festas do Entroido, as Amas de Casa de Fene decláranse unhas incondicionais do Carnaval. É por iso que "As vellas da troula" non faltarán á cita deste ano.