ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e a edil de Participación Cidadá, Montserrat García, presentaron a publicación Contos das Pontes. Este libro recolle as diferentes historias e referencias de personaxes emblemáticos da sociedade local, coma Dona Rita ou o cura Enrique Rivera Rouco, e repartirase entre os escolares dos centros educativos do municipio, xa que eles mesmos foron os autores dos dez textos recollidos nesta publicació
A iniciativa forma parte do programa As Pontes Aprende, desenvolvido polo executivo local nos colexios ponteses dende hai varios meses, e que se complementou con distintas excursións, mediante as que se achegou aos escolares aos diferentes espazos naturais cos que conta o municipio, coma as Fervenzas de Somede, o casco histórico ou o lago de Endesa.
Por outra banda, González Formoso tamén deu a coñecer a revista 9 Rutas por As Pontes, unha colección de roteiros e fotografías elaborada a raíz das diferentes excursións protagonizadas polos alumnos dos centros educativos ponteses. A publicación distribuirase, nos vindeiros días, entre os escolares e o tecido asociativo local.