Un corpo xentil e duas rodas

Un corpo xentil e duas rodas

13 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ás 12 do mediodia sae da Praza de María Pita na Coruña a III Marcha Ciclonudista organizada pola Masa Crítica Galega. O percorrido manténse en segredo. A cita ten un marcado carácter festivo, pero sobre todo busca concienciar aos condutores da importancia de respectar aos ciclistas. Radiofusión realizará un seguemento desta convocatoria reivindicativa e festiva.

A Marcha ciclonudista ten un doble sentido. Por un lado pretende reivindicar o uso da bici como medio de transporte tanto ou máis lexítimo que os demais, reclamando o respecto para os seus usuarios. Facelo espidos sirve para evidenciar que o noso propio corpo é a nosa carrocería.

 

Por outro lado reclámase o dereito a ir espidos en calquer espacio público, un dereito que non se pode exercer con total liberdade. Para participar na marcha o recomendable é quitar a roupa, aínda que tamén se pode optar por pintar o corpo, disfrazarse ou poñerse un bikini ou bañador. O importante é sumar moitas bicis...e moitos corpos.

Sociedade