ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Seica veñen para poñernos a bailar, alí, neses espazos onde a xente desfruta bailando é onde Tona busca o seu sitio. Será que o becho da verbena tamén lles picou nalgún momento, aínda que a cousa é seria pois a súa proposta está feita de blues mesturado con muiñeiras, rumbas ou xotas.

Hoxe en Sons de Nós visítanos Tona, un grupo de recente nacemento pero que conta na súa composición cun grupo de músicos de traxectoria máis que notable porque todos teñen participado en proxectos de grande pegada no panorama musical galego.
Tona conta como frontman na voz e na composición con Miguel Cernadas, que formaba parte de Terbutalina; na batería e composición Tomás Ageitos (Compañía do Ruído, Das Kapital); Andrés Real (Oh Ayatollah) ao baixo; Roberto Comesaña no acordeón; e Gutier Álvarez no violinofón. Acompáñanse de Víctor Álvarez, non no escenario pero si como coautor, arranxista e técnico de son ao vivo.
O seu disco de debut está xa soando, chámase “Cruseiro” e para a banda, ‘Cruseiro’ ten “un pouco de todo”. “Ten harmonía, ten melodía e ten retranca”, di Cernadas. “É unha pota na que se funden melodías, ritmos e contos; é o cazo onde cociñamos Tona”, asevera Ageitos. Ao fío, Álvarez alude á “sonoridade singular” do proxecto, que combina melodías tradicionais con blues, pop e rock, e “que alenta os mediodías e seráns de baile”.
Os cinco temas que compoñen o EP (‘Carracho’, ‘O casal’, ‘Rhumba95’, ‘Maio’ e ‘Asubío’ -que se estrea hoxe-) dan boa conta dos ritmos e melodías tradicionais do país -como ‘A saia da Carolina’ que se descubre no tema ‘Maio’-, pezas que convidan a sacar puntos, raros ou non, para non deixar de bailar.
Miguel Cernadas acompañounos nesta conversa na que nos presentou este seu novo proxecto.
Fotografía: Miguel Cernadas -Tona
Publica o teu comentario agora