Un curso en Begonte facilítalles o camiño para atopar traballo ós participantes no plan de inclusión social

Un curso en Begonte facilítalles o camiño para atopar traballo ós participantes no plan de inclusión social

19 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Esta semana o Concello de Begonte organiza un curso destinado a incrementar as opcións de inserción laboral. Dez persoas participantes no II Plan Galego de Inclusión Social recibirán durante estes días diversas charlas sobre formación de perfís profesionais, demandas do contorno, fontes de información e recursos para o emprego, procesos de selección de persoal ou ferramentas de procura dun posto de traballo. Todas cun único obxectivo: axu

Favorecer o acceso ó traballo. Ese é o principal obxectivo que persegue este curso que se vai impartir en horario de mañás, de 9:00 a 14:00, na Aula do Centro Sociocultural do Concello de Begonte con excepción do venres, que terán lugar na Casa da Cultura.

Para facilitar o camiño cara a inserción social e laboral, os traballadores de Inclusión dispoñen de diferentes recursos, como pode ser os cursos de formación, coma o que ten lugar esta semana en Begonte. Outras ferramentas son as prácticas en empresas ou os cursos con compromiso de contratación. Esta iniciativa ten como principal obxectivo mellorar o perfil persoal e profesional dos asistentes, facendo máis fácil a dura tarefa que supón atopar un posto de traballo.

Sociedade