Un de cada tres consume pódcast

Un de cada tres consume pódcast
05 de Xullo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

 

Un de cada tres cidadáns de Galicia son asiduos ao formato pódcast. É un medio con características propias que o diferencian da radio pola forma de produción e o xeito de distribución. Os expertos indican que o pódcast vai seguir medrando xa que quedan por explorar espazos de audiencia. A intelixencia artificial, a creación sonora e a música local son campos aínda por transitar. 

Fotografia Xan Xe

A igualdade de xénero, a auga limpa e o saneamento e unha horta ecolóxica e de proximidade foron algunhas das preocupacións principais sinaladas en Moeche dentro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

cOmunicanDonoS é a guía arredor deste novo formato de audio e outras ferramentas para comunicar no 2030. Ë unha iniciativa da asociación Emisoras Municipais Galegoas en colaboración coas radios locais andaluzas, catalanas e a rede de emisoras comunitarias, dentro do proxecto Onda ODS.

A guía presentouse este martes ao movemento asociativo de Moeche. A reunión tivo  lugar as 19h. no Centro Francisco Piñeiro en Abade Moeche. Xa a semana pasada, EMUGA Radiofusión realizou unha reunión similar no colexio desta localidade. A guía tamén se ten presentado en Málaga, Corcubión e Fene. 

 

Fotografía Xan Xe: Presentación da guía no Circulo de Fene a pasada semana.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora