ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Un desastre económico”, denuncia Manuel Polo. A suba do prezo da luz e o gasto para que funcione o saneamento lastran a economía dos concellos. Preocupa en Fene, Ares e Mugardos. A corporación de Fene debate este xoves un recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de arredor de 2 millóns de euros. Máis da metade son por consumo de enerxía eléctrica.advertiuen Radio Fene o concelleiro de Obras e Urbanismo que tamén deu conta da marcha das obras que ten en carteira o Concello.
"Temos un problema moi grande, Augas de Galicia pretende sancionar aos concellos de Fene, Ares e Mugardos, porque vai ao saneamento auga de chuvia o que sobrecarga a depuradora obxectivamente teñen razón, pero o sistema o puxeron eles, non o puxemos nós”, destaca o concelleiro sobre un asunto que foi trasladado polos tres concellos á Xunta, na recente xuntanza que mantiveron os tres alcaldes coa concelleira de Medio Ambiente.
Obras
No capítulo de obras, remataron as obras de mellora de camiños no entorno no campo de fútbol de Perlío e Camiño Loira e o abastecemento en Camiño Grande-O Cotillón, A Fraga e O Sino. Próximo a finalizar o saneamento da subida a Lagarteira-Orra-Rañoa. En execución tamén a mellora de abastecemento en rúa Travesa e Camiño Inferniño e próxima a licitación da senda peonil na marxe dereita da estrada AC-133 en Fene.
Publica o teu comentario agora