Un destino cultural e histórico

Un destino cultural e histórico
06 de Maio, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

Galicia como destino cultural e histórico para a cidadanía que viaxa. Iso pretenden debullae as Emisoras Municipais Galegas cunha exposición que se amosará este venres e sábado en Sainte-Maure-de-Touraine, Haberá mostras e proxección de películas na Salle Patrice Leconte e no Château des Rohan da cidade francesa. 

Fotografia Xan Xe

As actividades desenvolvense baixo o lema "La Galice,un pays celte en Espagne" coa participación dos profesores Anxos Garcia Fonte e Bieito Arias, o historiador Henrique Sanfiz e o ilustrador Carlos Sardiña. Asimesmo participarán Elena Martín e Pablo Santiago, da cooperativa Xarda. 

Tratarán de achegar Galicia a unha poboación que inicialmente descoñece grande parte da realidade cultural, xeográfica, gastronómica e sociolóxica da comunidade. Utilizarán un percorrido histórico da mán de persoeiros relevantes que tiveron importancia na relación entre Galicia e Francia no seu momento por diferentes razóns. Comeza o percorrido polo matemático Rodriguez (Xosé Rodriguez Gonzalez. Lalín 1770- Santiago 1824) quen participou nunha exposición científica con dous matemáticos franceses que serviría para definir o metro como sistema universal métrico de medida.  Tamén se deteñen en Domingo Fontán (1788-1866) quen elaborou o primeiro mapa científico topográfico científico de Galicia impreso en Paris en 1845. Finalmente recurrirán a Daniel Alfonso Rodriguez Castelao (1886-1950) político e ilustrador galego que elaborou estudos sobre as cruces de pedra en Bretaña e en Galicia polo século XX. Colaboran coa iniciativa o Concello de Sainte-Maure, o Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.

 

Vista da ría de Ferrol.

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora