Un destino para calquera época do ano

Un destino para calquera época do ano
30 de Marzo, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Benidorm é un destino turístico para calquera época do ano. Pódese ir aproveitando a Semana Santa. Hai tres vós directos desde Santiago de Compostela pero as persoas amigas da estrada tamén poden utilizar o vehículo particular ou o transporte colectivo. É un destino acaido para as familias, con actividades para a rapazada. A xente maior encontra alí cunha temperatura agradable e é unha zona cha onde se pode pasear sen costas. O paseo marítimo de Benidorm é unha marabilla. Dentro del hai unha especie de división por nacionalidades. O centro do paseo é para os españois. O rincón de Lois é máis para persoas extranxeiras, segundo Rebeca Garcia de Organiza viaxes.

ESCOITA O PODCAST:
Rebeca García , de Organiza viaxes en Radio Fene

Benidorm. A proposta para esta Semana Santa que nos trae Rebeca no espazo de viaxes "Bule bule" da Fenestra de Radio Fene.
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora