Un dos animais máis intelixentes do planeta

Un dos animais máis intelixentes do planeta
04 de Agosto, 2022 - 12:37 h. | Publicada por Radio Fene

..., é un dos animais máis intelixentes do planeta -murmurou Sibila namentres aqueles brazos gomosos se lle adherían á pel coma samesugas-. Ten tres corazóns, dous deles para levar o sangue sen osixenar ás branquias e un terceiro que bombea o sangue osixenado a todo o corpo. Pero o mellor é o seu cerebro.

Polbo á venda. 2019

Adota dicirse que non ten un, senón nove: un central e os outros oito repartidos en cadanseu tentáculo. En realidade, non son cerebros como tal, senón milleiros de neuronas repartidas polas oito extremidades e que mesmo toman decisións por si mesmas sen consultar o cerebro principal. Este cerebro da cabeza supón tan só un terzo do total neuronal do becho...Ás veces penso que o meu corpo ten a anatomía dun polbo.

 

ANEIROS, ROSA. Sibila Xerais. Vigo. 2021.

Páxinas 150, 151

Cultura

Publica o teu comentario agora