Un dos grandes bocados

Un dos grandes bocados
04 de Xullo, 2025 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

A sardiña asada é un dos grandes bocados das merendas do verán na Galicia mariñeira. O refrán que di que "por San Xoan a sardiña pinga o pan", non quere dicir que San Xoán sexa o momento mellor das sardiñas, senón que daquela comeza a sardiña a estar en commida, a pingar o pan coa súa graxa. 

Fotografía Xan Xe

Este sábado anuncianse sardiñadas no Círculo de Fene, Liga de Amigos de Barallobre, Agrupación Instrutiva de Caamouco e tamén en San Valentín. A sardiñada veciñal de San Valentín celebrarase no Paseo Marítimo a partir das nove e media da noite. Amenizará musicalmente Djr4tibron e a ración cobrarase a 10 euros. Organiza a comisión de festas de San Valentin.

Malditos Pendejos actuan no Circulo de Fene o sábado cinco de xullo. Ese dia haberá sardiñada de oito e media a dez. Imprescindible anotarse na cafetería da sociedade, no 981 342954 ou en info@cmiunidad.org 

Ese mesmo dia, sábado cinco de xullo, romaría do Camiñante Descoñecido en Barallobre. Os grupos Silbarda e Preganza do Pote actuarán na xornada. Servirase polbo á feira e se convida á veciñanza a acudir co xantar ao campo da festa de Barallobre. As cinco e media comezará a andaina en dirección ao Monumento. Haberá festa da escuma e logo sardiñada dende as oito e media da tarde.Haberá xogos e festa para a rapazada dende as doce e media do mediodia a cargo do grupo Fiestoke.

 

Tamén sardiñada este sábado en Caamouco. Comezarán a asarse ás sete da tarde na Agrupación Instrutiva de Caamouco. 

 

Segundo o escritor Álvaro Cunqueiro, a sardiña debe ir á parrilla enteira, con toda a súa maga ou tripa, e sen escamar, que as escamas protexen, e tórranse na asadura, non impedindo xantar a pel. Unha sardiña de xullo ten a graxa todo punta.

 

Na imaxe, Eva Sardiña actuando no Monumento ao Camiñante Descoñecido. 2024.

Fotografía Xan XE

 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora