Un dos grandes logros

Un dos grandes logros
30 de Abril, 2026 - 03:45 h. | Publicada por Radio Fene

A nova voceira do PSOE no Concello de Fene considera que o compromiso para a revisión do PXOM a cambio da abstención na votación dos Presupostos municipais é un dos grandes logros do grupo socialista neste mandato municipal. Dos Orzamentos, a vivenda e a moción de censura en Lugo falou María Ares que suma o posto de voceira municipal ao de secretaria xeral do PSOE en Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“O acordo ao que chegamos é un dos grandes logros deste grupo, responde a unha demanda histórica dos veciños e veciñas, conseguimos un cronograma e previsión económica para a revisión do Plan Xeral”, apunta a voceira socialista. “O Plan Urbanístico actual é un dos principais obstáculos para o desenvolvemento do Concello”, opina. Destaca que “o problema da vivenda é unha prioridade para o PSOE en toda España”. 

O PSOE non ten aberto aínda o debate de quen encabezará a candidatura nas eleccións municipais do ano que vén. Si ten opinión clara respecto da moción de censura en Lugo. “Apoiase nas desgrazas que viviu o partido en Lugo, é bochornoso que un partido aproveite esta situación para presentar unha moción de censura”, censura María Ares.

Institucional

Publica o teu comentario agora