Un dos mellores partidos

Un dos mellores partidos
31 de Xaneiro, 2023 - 02:15 h. | Publicada por Radio Fene

4-1. Marcador do Perlío-Unión Campestre. “Temos moitas posibilidades de gañar”, dicía o adestrador do Perlío, Carlos Carballo, Vinky, hai unha semana e a estratexia foi eficaz. Venceron con autoridade nos Pinares ao equipo de Montrove. E iso que as de Oleiros andan polos primeiros postos da táboa.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Foi un resultado xusto, fixemos un dos mellores partidos da temporada, dominamos de principio a fin”, resume o técnico. “Creando ocasións desde o principio, o primeiro gol foi no minuto 10 e iso xa dá unha tranquilidade, elas non se viñeron abaixo nunca”, detalla. “Moi contento co resultado, co xogo do equipo e, sobre todo co esforzo, porque chegabamos con moitas baixas”. “É bonito gañar diante da afección”, conclúe.

Deportes

Publica o teu comentario agora