Un dos mellores templos neogóticos

Un dos mellores templos neogóticos
02 de Xuño, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

 Limodre pode presumir de contar cunha igrexa que chama a atención polo seu estilo arquitectónico. É un estilo neogótico, estrano en Galicia. Ten unha fachada de tres panos. A nave dividida en tres tramos, cun coro alto. Espaciosas arcas que reducen os muros ao mínimo. Os expertos consideran que se trata dun dos mellores templos neogóticos de Galicia. 

En outubro de 1950 celebrouse nesta igrexa adicada a San Xosé, un acto de inauguración do altar doado polo presidente de honor do Centro Galego da Habana, Juan Varela Grande. No acto, Varela Grande pronunciou un discurso poñendo de manifesto o seu gran amor á terra que o veu nacer. A irmá de Juan, Modesta Varela Grande co seu home José Andrés Vazquez  financiaron a construcción do templo, ainda que tamén se realizou unha cuestación cidadán. Inaugurouse a igrexa o 20 de marzo de 1947, segundo se recolle nunha placa colocada no seu interior.  

Cultura

Publica o teu comentario agora