Un enredo familiar nas xornadas de teatro do Círculo de Perlío

Un enredo familiar nas xornadas de teatro do Círculo de Perlío

08 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Crucia Teatro representa esta fin de semana en Fene á súa última obra, “Paralizados”. Trátase dunha comedia na que “tres sobriños, un mordomo cobizoso e un médico de dubidosas tendencias na arte amatoria confabúlanse para roubar a fortuna dunha tía ricachona”.

A peza foi estreada en novembro do ano pasado e supón a segunda montaxe deste grupo de teatro afeccionado vencellado á Asociación de Veciños “O Cruceiro” de Santa Icía (Narón).

Baixo a dirección de Loli Porto, “Paralizados” parte dun texto de Helena Vázquez Porto. Oito actores e actrices compoñen o reparto da obra: Ana Pico, José Gómez, Conchi Cao, Anuska González, Carlos Velón, Carlos Gómez, José Carrodeguas,e José Lage.

“Paralizados” , de Crucia Teatro, represéntase o domingo no Círculo de Perlío. A función comezará ás oito e media do serán.

Sociedade