ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Goleada do Maniños 0- 10 fronte ao Libunca a pesar de xogar sen a porteira titular, Sheila.
O Cultural Maniños goleou no campo da Gándara ao Libunca. O marcador acabou 0-10. As rapazas do Maniños póñense a dous puntos (10) da cabeza onde se encontra As Pontes (12). Paula Varela abriu o marcador no minuto 7 e a partir daí viñeron os demais; Cristina Silvar (na imaxe) foi quen de meter nada menos que catro tantos, entre eles o décimo. Polo medio marcaron: Rebeca (1), Yolanda (2) e Mónica (2). O prantexamento do encontro era meter rápido, abrir pronto o marcador. E así foi que o primeiro gol chegou no minuto 7.
O partido saiu ben a pesar de que o Maniños non contaban coa porteira titular, Sheila. A sustituta, Laura Picado, mancouse no adestramento do venres e a última hora decidiron poñer á outra Sheila entre os paus. Como podemos comprobar, a portería quedou a cero. O técnico, Carlos Gómez, quere significar tamén a convocatoria de Lucía Montero, xogadora da categoría infantil que adestra ás veces con elas e non é a primeira vez que entra no campo coas "maiores".
Na próxima xornada, o sabado ás 16:30h o campo do Pote recibe ao Rosalía, un equipo do que gosta o técnico do Maniños, quen agardaba que estivesen máis arriba na clasificación. Son o mesmo bloque do ano pasado e Gómez gosta do seu prantexamento. "Será polo tanto un partido complicado".
Publica o teu comentario agora