Un equipo en racha

Un equipo en racha
27 de Abril, 2026 - 11:01 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños B sumou tres puntos de ouro na súa visita ao Canido (1-3) nun encontro marcado pola máxima efectividade defensiva e ofensiva. Malia que o conxunto local levou o peso do balón, os de Álvaro Dopico "Chiqui" sentenciaron na primeira metade cun 100% de acerto: dous tiros a porta, dous goles.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Maniños B Alvaro Dopico "Chiqui":

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/270426DOPICO.mp3

Fotografía Xan Xe

Na segunda parte, o Canido apertou e obrigou ao Maniños a recuar e xogar en largo. "Tivemos que estar defendendo todo o partido; o noso porteiro fixo tres ou catro paradas espectaculares", recoñeceu o técnico ao remate. Un gol de falta directa tras un contraataque selou o triunfo nun partido de gran desgaste físico que confirma o bo momento de forma dos feneses, que suman catro vitorias nos catro últimos partidos da Terceira Futgal.

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora