Un equipo xuvenil e entusiasta

Un equipo xuvenil e entusiasta
09 de Marzo, 2026 - 11:06 h. | Publicada por Radio Fene

Maniños 1-3 Victoria. O Victoria adiantouse no marcador en partido da Preferente Futgal, xogado na  tarde de onte domingo no campo do Pote e chegou ao descanso cun 0-2. Pero no 85 Adrián meteu o gol do Maniños. Meteuse o conxunto local no partido e apareceu un equipo xuvenil e entusiasta, con carácter. “Na segunda metade saímos con forza e con gañas” indica o adestrador do Maniños Adrián Martínez. 
 

ESCOITA O PODCAST:

Un certo punto de rebeldía amosou o Maniños desde o minuto 85, subraia o adestrador Adrián Martínez:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/090326MARTINEZ.mp3

Fotografía Xan Xe

O Maniños caeu no Pote (1-3) nun partido onde o esforzo na segunda metade non foi suficiente. Martínez destacou o carácter do equipo tras o descanso, recortando distancias cun gol de falta de Adrián no minuto 85. Porén, un terceiro tanto visitante nos instantes finais acabou coas esperanzas de puntuar. O equipo xa traballa para mellorar a precisión de cara ao gol.

 

Imaxe do partido Maniños - Victoria

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora