Un escritor lugarista

Un escritor lugarista
04 de Abril, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Ismael Ramos irrompe con forza con “A parte fácil”, un libro de contos, un tipo de narración moitas veces minusvalorada no sistema literario galego. Segundo o crítico Andrés C.M.Riveira, Ramos é un “escritor lugarista”, daqueles que teñen a capacidade de que o ambiente do relato te leve a un sitio, a un espazo moi definido, que non ten por que ser sempre un lugar físico.

Fotografía Xan Xe

O escritor pretende facer que calquera espazo poida parecer veraz. Nun dos relatos describe un merendeiro que en realidade non existe. Pero os seus amigos cren que está en Noia.  A conversa con Ismael Ramos sobre “A parte fácil” poderémola escoitar o mércores ás once da mañá no "Clube de leitura" de Radiofusión. 

 

Fotografía Xan Xe
 

Cultura

Publica o teu comentario agora