Un estradense, o único galego no Concurso Internacional de Piano de Ferrol.

Un estradense, o único galego no Concurso Internacional de Piano de Ferrol.

08 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un musico de A Estrada, o xove de 17 anos, Fabio Parada, é o único galego que participa no Concurso Internacional de Piano de Ferrol xunto a outros 19 procedentes de varios paises. As probas eliminatorias,  abertas ao público, comenzan hoxe e se celebrarán ata o venres en horario de tarde, de cinco a nove da tarde. 

Na primeira eliminatoria, os participantes poderán interpretar un programa de libre elección, aínda que debe incluír un preludio e fuga de Bach e un estudo a elixir entre os de Chopin, Liszt, Scribian, Rachmaninov, Debussy ou Ligeti.

A segunda eliminatoria consistirá nun recital de libre elección que terá que incluír obrigatoriamente unha obra da suite “Iberia”, de Isaac Albéniz.

Xa o sábado, os tres pianistas que cheguen ao final realizarán o ensaio coa orquestra Gaos, que será a que os acompañe na súa interpretación do domingo, onde se decidirá o gañador. O intérpretes poderán elixir un concerto de Mozart, Beethoven, Schumann, Chopin, Liszt, Tchaikovsy, Rachmaninov ou Prokofiev.

A entrada ás eliminatorias é gratuíta – tamén se retransmitirán por internet a través da páxina web do Concello, www.ferrol.es– e a asistencia aos concertos do final terá un custo de dez euros.

O xurado, presidido un ano máis por Natalia Lamas, estará integrado por Domenico Codispoti e Xullo García Casas, que xa desempeñaron este papel en anos anteriores e a que agora se suman o profesor do Conservatorio Nacional Superior de Música de París Gabriel Tacchino e o pianista e director de orquestra Miguel Ángel Gómez.

Os vinte participantes no certame proceden de España, Estonia, Corea, Irán, Italia, Alemaña, Brasil, Rusia, Armenia e Serbia, e entre eles hai un único galego, o estradense Fabio Parada, de 17 anos.
O primeiro premio está dotado con 12.000 euros e a posibilidade de ofrecer tres concertos; o segundo con 6.500 e o terceiro con 4.000. Contémplase tamén o galardón Gregorio Baudot para o mellor intérprete galego, consistente na posibilidade de ofrecer un concerto, e outro de 2000 euros para o mellor intérprete de música española. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, estivo presente na apertura oficial do certame.

Sociedade