Un excelente equipo local

Un excelente equipo local
08 de Setembro, 2025 - 11:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños case inmobilizou ao Ordes. Un excelente equipo local manexou o partido da Preferente Futgal pero aínda ten que adaptarse á categoría. O Ordes fixo valer o gol co que se encontrou no minuto 36 aproveitando un desaxuste nunha chegada por banda. Vidal empatou no 61 tras un saque de esquina e a emoción volveu ao ring do Pote ata un gol en propia meta no 71 que lle devolveu a vantaxe ao visitante. Xa nos últimos compases do partido, o Ordes certificou a vitoria 1-3 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa do adestrador do Maniños Adrián Martínez:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/080925MARTINEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

 “Estivemos competindo bastante ben,de máis a menos, quizais polo ritmo novo da categoría, co 1-1, a grada animando e durante dez minutos houbo moita ilusión” indica o adestrador do Maniños Adrián Martínez.

 

Na imaxe os xogadores do Maniños celebrando o gol de David Vidal

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora