Un exemplo solidario

Un exemplo solidario
28 de Abril, 2021 - 12:41 h. | Publicada por Radio Fene

Un festival de solidariedade co pobo de El Salvador realizouse na sala Perla de Perlío en novembro de 1981. Recadáronse 70.000 pesetas que sen se enviaron ao pais centroamericano que daquela vivía en guerra. Foi unha das actividades do Comité de Solidariedade con América Latina, o COSAL, unha experiencia solidaria que se viviu en Ferrolterra entre 1979 e 1995. Un libro de Xaquín Ros, Antón Blanco e Anxo Ferreiro recolle aquela proposta de axuda a Nicaragua, El Salvador e a todos os países de América Latina que daquela pelexaban por liberarse das máis sanguinarias ditaduras.

ESCOITA O PODCAST:
Anxo Ferreiro, Antón Blanco e Xaquín Ros. COSAL Ferrolterra

O dia en que á nosa sociedade lle dea igual o que pasa noutros pobos do mundo, ese dia estaremos absolutamente perdidos, para un dos autores do libro Xaquín Ros.

Por iso, as persoas promotoras do COSAL promoveron durante dúas décadas, un traballo solidario, profundo e constante. Grazas á sensibilidade e conciencia da poboación, todo ese labor fíxose na comarca de Ferrolterra, segundo un dos participantes Antón Blanco. Anxo Ferreiro lembrou ao alcalde de Fene Xosé María Rivera Arnoso e ao crego de Barallobre Elias Seoane. Dúas persoas colaboradoras como moitas outras que despertaron diante da opresión que sufría América Latina.

O volume recolle a experiencia do COSAL organizando actividades solidarias para divulgar a situación de América Latina e recabar solidariedade. Inclúese tamén a realización en 1985 dun programa divulgativo en Radio Fene. O libro preséntase este xoves ás oito da tarde na Casa da Cultura de Fene.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora