ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Ordes, a través da Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade, que dirixe o edil José Manuel Tobío, pon en marcha a segunda edición do Programa Faro para a prevención do consumo de alcol e a inserción social das persoas afectadas. Unha das accións contempladas dentro do programa, que está financiado pola Deputación da Coruña, é a das Noites Psicoeducativas, dirixida á mocida
O obxectivo destas noites é prestar apoio social aos colectivos en risco que lles permitan ter alternativas de ocio en espazos libres de consumo de alcol. As actividades irán encamiñadas a fomentar o uso axeitado do tempo libre, as relacións interpersoais equilibradas, a resolución de conflictos e a mellora de autoestima, sendo o eixo transversal o rexeitamento ao abuso do alcol. Distribuiranse en tres sesións nocturnas, as noites dos sábados 7, 14 e 21 de maio, en horario de 21:30 a 00:30 horas da noite no pavillón municipal do Paraíso.
Algunhas das actividades previstas son: obradoiros de grafitti, de Fimo e de maxia; rocódromo, elaboración de cócteles sen alcol, xogo de xeocaptura, karaoke, misión imposible, etcétera.
A última noite está aberta a participación de pais, nais e persoas que conviven cos/as mozos/as participantes. Ofrécese esta opción para que os membros da familia poidan vivir unha experiencia enriquecedora compartindo momentos de ocio saudable.
Para participar en todas as actividades é necesaria a inscrición previa. A participación é gratuíta.
Para a inscrición ou máis información os interesados poden dirixirse á Concellería de Servizos Sociais do Concello de Ordes, ou ben chamar aos teléfonos 981 680 002 / 627 983 619.