Un feixe de xoias

Un feixe de xoias
16 de Novembro, 2022 - 12:30 h. | Publicada por Radio Fene

Unha escolma de relatos que é un feixe de pequenas xoias. Textos do mundo da pesca, do bacallau da fábrica de lapis, das baterías militares do cabo Prioiro. O dominio da linguaxe de Henrique Dacosta de novo aparece en “O estraño caso da bicicleta amarela. Oito contos e unha traxedia” publicado por Belagua. 

Fotografía Xan Xe

No cemiterio de Colón da Habana repousan os restos de moitos emigrantes galegos. É o camposanto máis importante de Cuba, cunha extensión de 57 hectáreas. O ferrolán Calixto Loira fixo o proxecto e dirixiu o comezo das obras. A el se debe a súa grandiosa portada. No cemiterio de Colón da Habana discorre a peza dramático cómica que pecha este libro “O estraño caso da bicicleta amarela” de Henrique Dacosta. A conversa co autor sobre esta obra poderemos escoitala este venres no "Clube de leitura" de Radio Fene Radiofusión.
 

Cultura

Publica o teu comentario agora