Un ferido moi grave nun accidente no tunel da AP 9 entre Fene e Neda

Un ferido moi grave nun accidente no tunel da AP 9 entre Fene e Neda

10 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene
Un condutor permanece en estado moi grave tras un sinistro ocorrido esta mañá no túnel de O Sartego, na AP-9 entre Fene e Neda, segundo indicaron fontes sanitarias. O accidente produciuse pasadas as 11:00 horas cando o turismo que conducía en dirección á Coruña A.A.N, de 69 anos, colisionou cun camión no interior do mencionado paso subterráneo por causas que aínda están por determinar, a falta das conclusi&oac
Debido ao impacto na parte dianteira do coche, a portas quedaron encaixadas, polo que foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Ferrol para excarcelar á vítima. A.A.N. foi trasladado nunha ambulancia medicalizada do 061 ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, complexo no que permanece ingresado na UCI debido á gravidade das lesións. O condutor do camión saíu ileso, segundo precisaron desde a Benemérita.
Sociedade